tracking

Subscribe to our daily email of featured TEDxTalks

This video was filmed at an independently organized TEDx event and uploaded by the organizer. To flag a video (good or bad!), use this form.

Guerras invisibles ao descuberto | Jose Manuel Costa | TEDxGalicia
Viewed 1 time
Added Aug 25, 2016
Share this story
Email
Embed
Hai algo máis de dous mil anos un conflito sacudiu o noroeste peninsular, transformando para sempre a súa paisaxe e plantando a semente do mundo no que vivimos. A vívida experiencia dunha guerra desigual foi sucedida polo tenso silencio da posguerra e, logo del, o esquecemento tinguiu o vello relato de lenda e de mito.

Nos últimos anos, a aplicación de novas tecnoloxías á arqueoloxía permitiu o descubrimento dun bo número de xacementos que poderían clarificar a natureza e o alcance dese fenómeno histórico. Sen embargo, a medida que nos adentramos no estudo daquel remoto acontecemento atopámonos co rastro dunha violencia que non nos é nin tan allea nin tan distante. Pode o noso pasado arroxar algunhas claves que expliquen o noso presente? Pode axudarnos a construir un futuro diferente?

Doutor en arqueoloxía (2013) e licenciado en Historia (2006) con premio extraordinario pola Universidade de Santiago de Compostela. Diploma de Estudos Avanzados en Arqueoloxía pola mesma universidade (2008). Bolseiro FPU durante os anos 2008-12. Membro activo do equipo técnico arqueolóxico nos proyectos de investigación do forte romano de A Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña) (2007-2010). Especialista no estudo da presenza militar romana a partir das metodoloxías específicas da arqueoloxía, a historia antigua, a epigrafía ou as novas tecnoloxías.

This talk was given at a TEDx event using the TED conference format but independently organized by a local community. Learn more at http://ted.com/tedx